domingo, 18 de mayo de 2008

Por que ós nenos non lles gusta o peixe?



1.Por que á maioría dos nenos non lles gusta o peixe?

1.Por qué a la mayoría de los niños no les gusta el pescado?


Probablemente, no estado primitivo do ser humano, no que se atopou durante moitísimo máis tempo que no actual estado “civilizado”, os homes e mulleres alimentáronse, maiormente, de carne, como testemuña a dentadura humana. Así e todo, tamén comeron de todo aquilo do que tiñan dispoñibilidade: raíces, froitos, marisco e, por suposto, peixe.

Probablemente, en el estado primitivo del ser humano, en el que se encontró durante muchísimo más tiempo que en el actual estado “civilizado”, los hombres y mujeres se alimentaron, mayormente, de carne, como atestigua la dentadura humana. De todos modos, también comieron de todo aquello que había disponible: raíces, frutos, marisco, etc. y, por supuesto, pescado.


Pero o peixe ten espiñas o que o fai moi perigoso nas gorxas dos nenos. Habería unha gran maioría de nenos ós que lles gustase comer peixe pero tamén é lóxico pensar que moitos deles deberon padecer problemas moi graves por non domear a técnica de separa-las espiñas antes de tragar. É lóxico supoñer que os pais de entón non podían dedicar tanta atención ós seus múltiples vástagos como os pais de agora fan coa súa contadísima prole. O resultado era que moitos nenos non chegaban á idade adulta e, por tanto, non chegaban transmitir a súa herdanza xenética.

Pero el pescado tiene espinas lo que lo hace muy peligroso en las gargantas de los niños. Habría una gran mayoría de niños a los que no les gustase comer pescado pero también es lógico pensar que muchos de ellos debieron padecer problemas muy graves por no dominar la técnica de separar las espinas antes de tragar. Es lógico suponer que los padres de aquellos tiempos no podían dedicar tanta atención a sus múltiples vástagos como los padres de ahora hacen con su contadísima prole. El resultado era que muchos niños no llegaban a la edad adulta y, por lo tanto, no llegaban a transmitir su herencia genética.


Habería, tamén, nenos ós que non lles gustase o peixe e que, no caso de poder elixir, decantaríanse por outra fonte de proteínas. Está claro que tamén moitos morrerían pero non por ter espichada unha espiña na gorxa. Os nenos que chegasen á idade de procrear transmitirían á súa descendencia os seus gustos alimenticios.

Habría, también, niños a los que no les gustase el pescado y que, en el caso de poder elegir, se inclinarían por otras fuentes de proteínas. Está claro que también muchos morían pero no por tener una espina clavada en la garganta. Los niños que llegaran a la edad de procrear transmitirían a su descendencia sus gustos alimenticios.

Isto debeu pasar, como moitas outras cousas, en infinidade de ocasións ó longo da evolución humana. O resultado é que somos descendentes de persoas ás que, de pequenos, non lles gustaba o peixe.

Esto debió pasar, como muchas otras cosas, en infinidad de ocasiones a lo largo de la evolución humana. El resultado es que somos descendientes de personas a las que, de pequeños, no les gustaba el pescado.

Iso non é óbice para que eses nenos que, detestaban o sabor do peixe, aprendesen a comelo con máis coidado unha vez que tivesen unha idade máis adulta que lles permitise extraer as espiñas antes de tragar. A medida que unha persoa vai medrando tamén vai apreciando diferentes sabores e vai educando o seu padal. Ademais, en moitas ocasións, os homes primitivos non terían máis remedio que nutrirse daquilo do que tivesen dispoñibilidade. Seguro que máis dun que non gozaba do peixe de pequeno tivo que comelo por necesidade e, non sen fastío pola incomodidade de ter que separa-las espiñas, aprendeu a apreciar os diversos e complexos sabores das diferentes especies de peixes que era capaz de conseguir.

Eso no es óbice para que, esos niños que detestaban el sabor del pescado, aprendiesen a comerlo una vez que tuvieran una edad más adulta que les permitiese extraer las espinas antes de tragar. A medida que una persona va creciendo también va apreciando diferentes sabores y va educando su paladar. Además, en muchas ocasiones, los hombres primitivos no tendrían más remedio que nutrirse de aquello que hubiese disponibilidad. Seguro que más de uno que no gozaba del pescado de pequeño tuvo que comerlo por necesidad e, no sin fastidio por la incomodidad de tener que separar las espinas, aprendió a apreciar los diversos y complejos sabores de las diferentes especies de peces que era capaz de conseguir.







Vén de agromar na miña seseira outra posibilidade pola cal podería explicar por que á maioría dos nenos non lles gusta o peixe: A rapidez coa que o peixe se bota a perder e convírtese en tóxico. Os nenos “tragaldabas” non farían moitos distingos nos momentos de fame negra e deberon sufrir gravísimas consecuencias pola súa falta de precaución. E, por contra, os nenos que non comulgaban co peixe debido os seus gustos de nacemento, seguro que evitaron a inxesta de peixe en mal estado na medida do posible, impendindo, deste xeito, millóns de envelenamentos ó longo da Prehistoria.

Acaba de ocurrírseme otra posibilidad por la cual podría explicar por qué a la mayoría de los niños no les gusta el pescado: la rapidez con la que el pescado se echa a perder y convertirse en tóxico. Los niños “tragaldabas” no harían muchos distingos cuando el hambre apremiaba y debieron sufrir gravísimas consecuencias por su falta de precaución. Y, por el contrario, los niños que no comulgaban con el pescado debido a sus gustos de nacimiento, seguro que evitaron la ingesta de pescado en mal estado en la medida de lo posible, impidiendo, de esta manera, millones de envenenamientos a lo largo de la Prehistoria.

3 comentarios:

Unknown dijo...

eu debo ser unha antítese evolutiva, jajajaja, adoro o pescado! benvido á blogosfera! logo ó ler non se fai largo!

quenindiola dijo...

Non, o que explico é para os nenos pequenos non para os maiores. Graciñas.

Unknown dijo...

jajajaja pero é que eu cando era nena adoraba o pescado, listillo, que non entedes! jajajajajaja