A serpe (10 de xullo de 2009)
Uns rapaces están a pescar pola zona de Toralla, na hora do solpor. Un deles empeza a recoller o aparello como se tivese collido algo moi pesado e cando consigue achegalo ás rochas podo ver que se trata dunha nasa grande cunha serpe de grandes dimensións enrolada dentro. Pregúntome que carallo fai unha serpe dese tipo nas augas da ría... A serpe despreguízase e comeza a deslizarse mansamente por entre as herbas. Eu non teño medo pero a observo a certa distancia por se acaso. A serpe comeza a ascender pola muralla dunha especie de fortaleza así que eu dou un rodeo e quero chegar arriba antes cá ela porque sinto un certo desacougo co feito de perdela de vista cando ela chegue arriba. Cando chego non a vexo por sitio ningún. Un sms recén chegado espértame. Di así: “Avísame cuando estés operativo. Déjame una perdida y te llamo. Bicos”

6 comentarios:
tremendo bichaco, uff, si ya me aparto de las arañas no se que haría si viese "eso".
Un sms salvador para deixar de sufrir...
Saúdos.
Antón.
xa sabes que hai quen di que os soños teñen unha explicación,que si o inconscinete avisa,que si a mente analiza na fase ren do sono etc,busquei que opinarían deste sono e según parece que ti plantas cara aos problemas (a serpe)que estás preparado polo que poída pasar inda que despois non seña nada.valente que din que es un valente...
bicos.
Tiveche sorte, que sabe que podía pasar no soño si non espertas!
aída estás de vacacións ou é perguiza???
saúdos.
Tes razón, Vermella. Hai tempo que non vos martirizo con algunha das miñas ocorrencias... Graciñas por recordarmo.
Publicar un comentario