jueves, 9 de octubre de 2008

Xustiza Poética


Mmmm... non sei se xa falei deste tema nalgunha ocasión pero un acontecemento do que hoxe tiven coñecemento faime ratificarme, por enésima vez, en que a Vida, ten vida propia, é dicir, hai algo por enriba de nós que nos xulga polos nosos actos e, tarde ou cedo, nos premia ou castiga (normalmente só se acorda de castigarnos pero ese é outro asunto que debo investigar). A este tipo de poder que hai sobre nós o denominan "Xustiza Poética" e funciona, máis ou menos, así:


Ti a fas moi gorda nalgunha ocasión. De feito, sabes que a liaches "de quilo" pero tiras para adiante xustificándote con excusas como "foi por amor", "era unha oferta que non podía rexeitar" ou "non me quedaba outra".


Bla, bla, blá, o caso é que fixeches dano a alguén a pesar de non se-la túa intención.


Moi ben. Pois has de saber, querida/o Sancha/o que algún día, tarde ou cedo, faranche o mesmo.


Sintoo moito. Isto non é cousa miña. É unha verdade universal. Xa o comprobaredes nas vosas pecadoras carnes.


O malo desta Xustiza Poética é que ninguén sae beneficiado, nin se quera a antiga vítima do teu "ineludible" proceder.


É unha cadea universal. Estou case seguro. En castelán se chama: "Donde las dan las toman" e mesmo a canción tradicional "God's gona cut you down" fala, en certo modo, deste tema. Escoitádea, e sentide, ponzoñentos pecadores, o poder do que vos falo.


Ai... que pouco sentidiño temos os monosapiens...

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Ioda dixit


"O temor á Pérdida é o que nos acerca ó Lado Escuro"
Que a Forza te acompañe!

domingo, 31 de agosto de 2008

Esbirros iluminados

Teño unha nova teoría. É bastante arriscada así que merece estar incluída neste apartado.

Resulta que penso que descubrín por que, en moitas ocasións, esbirramos cando recibimos claridade indirecta do sol...

Supoño que vos teredes fixado que, ás veces, cando estamos por exemplo nun salón, e a luz se filtra por entre os buracos da persiana ou entre as dúas cortinas semi-pechadas, eses raios de luz nos amosan infinidade de partículas en suspensión (o que en ghallegho normativo ven sendo o "po", vamos).

Pois ben, ese po, é o que, cando penetra polo noso nareco fainos esbirrar. Pero o caso é que iso só se produce cando hai moita concentración de po no aire. En cambio, no noso salón ou no noso coche non esbirramos, tan facilmente, ata que un feixiño de luz nos descubre todas esas indesexables partículas aboiando no aire.

Conclusión pseudo científica. Afirmo: A mera visión de po no aire pode enviar ó noso "celebro" a recomendación de esbirrar.

Que me dean o Nobel, xa, cona....

martes, 22 de julio de 2008

Carne


Non sei se comedes carne ou non pero non estades de acordo comigo en que a xente que non a come é máis tranquila e "boiña", en xeral? Necesito saber a vosa opinión ó respecto porque estou a punto de elaborar unha teoría arriscada. Pensade nos vosos coñecidos que non a comen e dádeme datos. Pena non ter máis lectoras/es, podería elaborar a miña teoría baseada en datos estatísticos máis representativos. Por certo, hoxe comín unha chuleta de tenreira exquisita.

domingo, 20 de julio de 2008

Atención: Pregunta

Vou xogar con vós un cacho. Vou xogar a que eu sonvos o xenio da lámpada marabillosa. Aínda que esta vez só podo conceder un desexo...

Que preferides cada un de vós, obter o superpoder de voar ou o de teletransportarvos?

Pensádeo ben antes de elixir...

viernes, 11 de julio de 2008

Pouco Rock

Son as 5:41 a.m. e atópome nunha caseta tipo "contedor", desas das obras, pero que neste caso está reconvertida a oficina de produción do típico festival de verán. Vai un frio húmido que non lle está a sentar nada ben á miña hernia discal. Estou canso e teño sono. Fóra, unha marabunta de humanoides menéanse ó ritmo dun "DJ" execrable pero que, polo visto, é famoso. Os grupos musicais acabaron hai moitos cuartos de hora e o que toca é isto. As paredes da caseta vibran como se fosen a desintegrar por culpa dos graves graves. Case todo o mundo está mazado e mesmo os que traballan na organización deste evento amosan sinais inconfundibles de rinitis vicioide. Eu debo ser un dos poucos que están sereos pero máis me valería non estalo. Constato que son moi raro aínda que xa o imaxinaba dende hai anos. Toda esa xente de aí fóra impórtame un carallo e, dende logo, eu a eles impórtolles aínda menos. Escribo isto para facer tempo ata ás 6:30 en que, en teoría, o pinche pincha gardará os puñeteiros cd's e marchará a tomarlle o pelo a outra muchedumbre e eu irei deitar a miña frustación para que mañá poida aturar outra xornada de festival. Que paixón...

Estou ata os collóns de tanto pouco rock.

sábado, 5 de julio de 2008

444

Matinando na cama a iso das 9 da mañá, despois de decatarme que non é fácil seguir durmindo a pesar de terme deitado ás 6:30... pensei nun detalle: A miña filla ten 9 meses.
Cantos teño eu?
E ti?

Cavilando en la cama sobre las 9 de la mañana, después de constatar que no es fácil seguir durmiendo a pesar de haberme acostado a las 6:30... pensé en un detalle: Mi hija tiene 9 meses.
Cuántos tengo yo?
Y tú?

domingo, 15 de junio de 2008

Naufraxio (II)

E ésta é a continuación , na que me dedico a a facer literatura barata (pero sincera) tentando realizar semellanzas entre illas e algunhas mulleres que coñecín daquela e tamén algún compañeiro de viaxe. Vale, e xa está. Se estas lembranzas miñas sírvenlle a alguén algunha vez de algo, mira ti que ben. Ánimo a tódolos náufragos. Atoparedes terras (rolletes, amigos, outra moza... quen sabe o que hai nese proceloso mar...) e aprenderedes a nadar que te caghas! Calquera cousa menos afoghar... eh?

....O día de Reis atopei unha illa marabillosa. Non era unha illa como as outras. Menos mal. Tiña de todo. Bebín e comín todo o que quixen e por suposto tomei folgos. Os vellos navegantes dábanlle nome ás terras que descubrían. Eu nunca lle puxen nome á esta illa pero “Illa da Vida” ou “Illa Amiga” íanlle ben. Nunca poderei esquecer esa illa.

Tampouco hei esquecer ós náufragos que atopei no mar. Hai un... faime gracia porque atópome con él a cada pouco... Hai un, como dicía.... que ten uns collóns...que nindiola! O tipo nada e nada e ten sempre un alento de ánimo para min. Ás veces vai en pequenas chalupas e outras podo miralo nalgunha illa. Pero ás máis das veces aí está, nadando. “Cagho nas troitas!”. El pensa que pode salvarse nadando e por iso nada e nada. Eu trato de atopar terra porque son un pésimo nadador. Pero el apréndeme trucos para nadar mellor e eu tamén apréndolle o pouco que sei.

O bo de ser náufrago é os magníficos náufragos e marabillosas illas que podes chegar a coñecer. Isto lévame ó momento actual...
Non hai moito eu estaba a nadar. Nadaba mal, por suposto, pero as augas estaban máis calmas e podía botar algunha ollada ó redor. Durante bastantes xornadas sentín a chamada dunha costa misteriosa e acabei por acercarme. Con cautela. Nunca se sabe nesas illas... Mesmo pode haber caníbais. O caso é que tamén había comida dabondo, viño e rosas. Rosas espiñentas, claro. Pero é que as rosas son así. Ademáis descubrín que era unha illa volcánica e que estaba en actividade. Pouco a pouco funme adentrando. É grande, moi grande. Tratei de subir ó cráter e a medida que o facía podía ver máis e máis territorio por riba da densa selva. Pronto descubrín o Bosque dos Carnutes coas súas marabillas. Pero tamén moi cedo comezaron os tremores de terra. Algúns de moi forte intensidade. Dá a impresión de que esta terra é moi perigosa pero de tódolos xeitos, estou coma embruxado polo seu misterio. Pasan os días e descubro máis territorios. Pasan os días e sucédense os tremores. E os temores. Ás veces non sei se isto é unha illa ou é outro náufrago, coma min. Todos somos ou seremos náufragos. Éche así. É un misterio. Podería ser terra firme? Non o sei. É máis, pode que nunca o saiba. Hai tres días que os tremores se intensificaron e unha densa nube de fume sae polo cume do volcán. Xa a lava e a cinsa baixan por algunhas ladeiras... Eu querería quedar máis tempo. Non sei canto, non o sei. Non podo sabelo. Despois dun naufraxio xa só sabes que mesmo os mellores barcos van ó fondo. A idea de volver ó escuro e frío mar non me atrae. Fareino se a lava me obriga. Pero non quero. Non quero. Sexa illa, terra ou náufrago, coma min...que mágoa ter que deixar isto!

“Tras a Mágoa sempre hai Mágoa. A dor, a diferenza do Pracer, non leva máscara” Tamén o dixo Oscar.
CONA! Como doe un naufraxio.

Naufraxio (I)

Hai anos experimentei o que se sinte dunrante moito tempo tras un naufraxio. Agora xa estou ben pero é curioso reler cousas que escribía daquela. Supoño que moitos de vós padecistes naufraxios importantes na vosa vida así que igual vos parece interesante. E, ós que non os padecistes... Bueno... mellor para o voso corazón aínda que peor para a vosa alma.

Por favor, perdoade que faga unha entrada de blog tan longa e que non o traduza. Isto foi escrito unha madrugada desas que espertas na cama e pensas que sufres moito...

Doe, xa doe outra vez. Son máis das seis da mañá na miña hora escura. Semella que durmir é outro privilexio que os desacougados non podemos gozar.
Doe.
Tento relativizar. Xa sei que isto vai por momentos, por días, por rachas, por temporadas. Por anos? Non sei. Pode, mesmo, que sexa por sempre. Por sempre... Uf.
Como doe. Pero... “Convertirse nun home máis profundo é un privilexio dos que sufriron” Wilde, dixit.
Xa, xa...

A miña dor non é máis nin menos cá dos outros. Non sei se é a miña ou pode que sexa a mesma. A mesma dor para todos. A dor da pérdida, non? Coido que debe ser a mesma para todos. Tarde ou cedo prodúcese o naufraxio e cando ocorre... Todo cambia. Adeus á estabilidade. Ola, Instinto de Supervivencia. Salvarse como sexa. Ó primeiro chapoteas, afúndeste, aboias de novo e berras auxilio: Socorro! Axuda!
Quizais alguén te axuda pero son só os que están no mesmo barco os que poden escoitar os teus berros e eles, coitadiños, teñen o mesmo problema ca ti. Que facer, pois?
Sálvese quen poida! E se che botan unha ou máis mans tenta aproveitalas. Tentas ti, tamén, botar algunha man. Teño a sensación de que dando, daste.

Pero todo isto non é dabondo. O mar está frío, escuro. Os restos do barco golpean a túa cabeza unha e outra vez. Restos ós que antes, na pracidez da cuberta, non dabas moita importancia pero que agora, recórdanche con furia o ben que estabas. Os mares e océanos poden ser sitios perigosos se non vas na embarcación axeitada. Mesmo podes ir no mellor barco, un deses que semellan eternos, que como chegue a gran tormenta ou teñas a mala sorte de atopar un iceberg... estás fodido. Aínda diría máis, teño a impresión de que nos naufraxios dos grandes barcos é moi dificil a salvación. Por que? Supoño que porque non esperas unha cousa así. Non estás preparado. E por riba, estes barcos son os que levan máis cousas e estas cousas son as que vante golpear mentres loitas por non afogar. Incluso tempo despois podes ser golpeado por algún resto do barco. Como esta madrugada. Como todas as veces que espertas.

Agora xa pasou tempo. De momento zafei. Como o fixen? Como todos os que zafan. Como puiden. Non son un campeón olímpico de natación. Apenas dou unhas cantas brazadas por min mesmo así que necesitei aferrarme ós propios cascallos do barco pero estes afundían pouco a pouco, aferreime tamén ós doutros barcos, tamén vítimas de naufraxios. Ata que naufraguei non souben a de náufragos que había no inmenso mar. Unha chea deles.

Unha cousa que agradécese moito cando estás no medio do océano e atopar pequenos illotes onde poder tomar folgos pero como non teñen auga nin nada tes que seguir. Sirven só para iso. Para os folgos. O que queres e atopar terra firme, pero iso parece misión imposible cando os días pasan e as noites duran. Mesmo unha vez divisei a costa dun gran país. Tentei acercarme. Había moitos escollos. Tiña pinta de ter un gran continente detrás. Ademais dos escollos había moito mar de fondo. Acabei esnafrado contra as rochas. Tiven que abandoar. Tiven que sair dalí, asido ós poucos restos que aínda atopaba do meu barco. Mellor dito, do que fora meu barco. Non sei... nunca se sabe.

jueves, 12 de junio de 2008

Alma

Dende hai un feixe de anos teño a certeza de que as almas das persoas engrandécense a medida que van pasando pola vida. É dicir, normalmente, terá un alma máis fonda unha persoa maior cá unha nova.



Evidentemente, isto vale para persoas que vivan a vida dun xeito valente. Aceptando que na vida vaiche tocar de todo e que cando toca gozar hai que saber facelo. Igual que cando toca sofrir. Saber gozar e sofrir non é tan sinxelo como poida parecer. Hai que aprender. E o órgano que se encarga diso debe ser a alma.



Non sei de quen é a cita (se alguén o sabe que mo diga, por favor) pero é algo así, máis ou menos: Un pai lle explica ó seu fillo: "Cando saibas encarar as cousas boas da vida co mesmo temple cás malas, estarás feito un home".



Desde hace ya tiempo tengo la certeza de que el alma de las personas se engrandece a medida que van viviendo la vida. Es decir, normalmente, una persona mayor tendrá un alma más profunda que una joven.



Evidentemente, esto sirve para personas que vivan la vida de forma valiente. Aceptando que en la vida te va a tocar de todo y que, cuando toca disfrutar hay que saber hacerlo igual que cuando toca sufrir. Saber disfrutar y sufrir no es tan sencillo como puede parecer. A todo se aprende. Y el órgano que se encarga de eso debe ser el alma.



No sé de quién es la cita (si alguien lo sabe que me lo diga, por favor) pero es algo así, más o menos: Un padre explica a su hijo: "Cuando sepas encarar las cosas buenas de la vida con el mismo temple que las malas, serás un hombre hecho y derecho".

martes, 10 de junio de 2008

37

Domingo pasado fixen 37 palos. Non sei que máis engadir. Só quería deixar constancia escrita de que batín o meu propio record (que estaba en 36).

Palos: anos enteiros fóra da barriga da nai no planeta Terra.

jueves, 5 de junio de 2008

Into the Wild


Onte mirei unha peli. Eu sonvos cinéfobo pero esta gustoume. Abondo. Tras moito investigar, o prota chega a unha conclusión: " A felicidade só é real se é compartida".

Ayer vi una peli. Soy cinéfobo pero esta me gustó. Lo bastante. Tras mucho investigar, el prota llega a una conclusión: "La felicidad sólo es real si es compartida".

"Es ese tipo de película que a algunos puede resultarles ingenua, incluso pueril, y que sin embargo otros, a los que les toque en profundidad, acabarán viendo con lágrimas en los ojos. (...) Puntuación: *** (sobre 5)." (Alberto Bermejo: Diario El Mundo)

viernes, 30 de mayo de 2008

Arroutada

Pois claro que te sigo amando
Pero se cho digo non te amo
Porque ti xa estás amando.

Ademais, que cona! como dicía o outro: "por perdida ya la dí"

Máis machismo!

Uff, no blog de "Os pendellos" atopei esta xoia:

La mujer debe adorar al hombre como a un dios. Cada mañana debe arrodillarse, nueve veces consecutivas, a los piés del marido y, con los brazos cruzados, perguntarle: Señor, que deseais que haga?”Zaratustra (filósofo persa, siglo VII a.C)

Non pretendo provocar pero... Como cambiou o conto.

miércoles, 28 de mayo de 2008

Machismo?

Que hai Machismo? Já! Oxalá... iso sería mellor que o papanatismo actual.

O que hai é unha falta de educación e de respecto nesta sociedade que asusta. Pero que carallo/cona é iso da paridade de xénero nas listas electorais? Diola! Tanto para iso como para calquera cousa habería que elixir á xente máis preparada, sexa home ou muller.

Por certo, eu son home e as normas desta sociedade supostamente machista se encargan, cada día, de lembrarme que eu teño infinitamente menos dereitos sobre a miña filla que a súa nai. Si, xa sei que algún de vós pensará que precisamente iso é machismo...

Ou sexa, que cando a muller é a perxudicada é machismo pero cando o perxudicado é o home... tamén é machismo?

Diso nada! O que pasa é que para compensar o machismo do pasado agora somos máis papistas co papa.

Que hay Machismo? Já! Ojalá... eso sería mejor que el papanatismo actual.

Lo que hay es una falta de respeto y educación en esta sociedad que asusta. Pero qué carajo/coño es eso de la paridad de género en las listas electorales? Dios! Tanto para eso como para cualquier otra cosa habría que escoger a la gente más preparada, sea hombre o mujer.

Por cierto, yo soy hombre y las normas de esta sociedad supuestamente machista se encargan, cada día, de recordarme que yo tengo infinitamente menos derechos sobre mi hija que su madre. Sí, ya sé que algunos de vosotros pensará que precisamente eso es machismo...

O sea, que cuando una mujer es la perjudicada, es machismo pero cuando el perjudicado es un hombre... también es machismo?

Y una mierda! Lo que pasa es que para compensar el machismo del pasado nos estamos volviendo más papistas que el papa.

martes, 27 de mayo de 2008

Máscaras e máis máscaras...

Non entendo moi ben (bueno... si o entendo) por que as mulleres din que elas se maquean, pintan, perfuman, etc. para elas mesmas. Quero dicir que non entendo por que inventan ese conto. En realidade fan esas cousas para saír de casa, normalmente no seu tempo de ocio, aínda que tamén algunhas cando van ó chollo. É dicir, cando saben que as van ver outras persoas. Pero se o fixeran para elas mesmas, como presumen fachendeando, faríanno para estar por casa. E non para saír. Digo eu...

No entiendo muy bien (bueno... sí lo entiendo) por qué las mujeres dicen que ellas se maquean, pintan, perfuman, etc. para ellas mismas. Lo que quiero decir es que no entiendo por qué inventan ese cuento. En realidad hacen esas cosas para salir de casa, normalmente en su tiempo de ocio, aunque también algunas, cuando van al trabajo. Es decir, cuando las van a ver otras personas. Pero si lo hicieran para ellas mismas, como proclaman orgullosas, lo harían para esta por casa. E no para salir. Digo yo..

viernes, 23 de mayo de 2008

Máscaras

Non quero resultar insolente así, de boas a primeiras pero, pode algunha muller dicirme por que se maquillan moitas delas? E, pode algún home asegurarme que prefire á súa moza ou muller maquillada que sen maquillaxe?

Necesito sabelo, resolver este enigma que me persigue dende que teño conciencia de existir. Graciñas.

No quiero resultar insolente así, de buenas a primeras pero, puede alguna mujer decirme por qué se maquillan muchas de ellas? Y, puede algún hombre asegurarme que prefiere a su novia o mujer maquillada que sin maquillaje?

Necesito saberlo, resolver este enigma que me persigue desde que tengo conciencia de existir. Gracias.

Voar ou teletransportarte?

Lendo "Raigame" de Chousa da Alcandra, lembreime desta pregunta que unha vez me fixeron:

Se che desen a escoller entre un destes dous superpoderes, voar ou teletransportarte, ti cal elexirías?


Leyendo "Raigame" de Chousa da Alcandra, me acordé de esta pregunta que me hicieron en una ocasión:

¿Si te diesen a escoger entre uno de estos dos superpoderes, volar o teletransportarte, tú cuál elegirías?

Por que xa case non hai educación e respecto?

Ler unha entrada de Cuspe de Pita faime rescatar unha vella Teoría Arriscada miña. Por que agora hai tan pouca educación e respecto?

Cando eramos nenos, a palabra dun adulto era algo así coma un designio divino, algo inapelable e incuestionable.

Se o teu mestre ameázabache con avisar ós teus pais poñíaste branco de pánico. Agora é ó revés.
É o mestre quen se pon branco cando o insolente rapaz lle espeta: "¡Voy a decirle a mis padres que vengan a hablar contigo y te vas a cagar!"

A que obedece tal cambio? Pois eu penso que é porque xa non cremos en nada. Xa sabemos que Deus, como tal, non existe, e que non iremos ó inferno por moi cabróns que sexamos na vida. Franco morreu e ademais non hai pena de morte. Ollo, non me malinterpretedes. Só estou analizando unha cuestión.

É triste pero é certo, eramos educados e respectuosos si, pero por medo. Non somos peores cá antes. A sociedade xa non aspira a ir ó ceo se non a aparecer en "Gran Hermano".

Por certo, se algún de vós dedica o seu sábado a ver o do Chiki-Chiki en Eurovisión, non terei piedade. Penso masacralo, primeiro mediante Feudalismo Ilustrado pero se fai falta desenfundarei.

Eu non teño plan para este sábado pero antes que alienarme co Chiki-Chiki prefiro, como di un bo amigo meu: "meterme un cactus polo cu." Claro que hai pouco estivemos en Canarias e tras mirar acongoxados para uns cactus enormes e, a todas luces, espiñentos de máis, el modificou a frase e agora di: "un pao". Se é que non fondo, somos uns acojonados...

jueves, 22 de mayo de 2008

Vocabulario en quenindiola

Queridos todos,

Neste blog hai algunhas palabras que poden ser utilizadas cun significado diferente ó dos diccionarios pero non por iso menos válido. Por se acaso, puntualizo:

En este blog hay algunas palabras que pueden ser utilizadas con un significado diferente al de los diccionarios pero no por eso menos válido. Por si acaso, puntualizo:

"Quenindiola": Para os non residentes en Galicia, é algo así como "...que nin deus". Expresando dificultade e/ou asombro. Exemplo: "Esta vila ten un tráfico quenindiola".

"Quenindiola": Para los no residentes en Galicia, es algo así como "... del copón". Expresando dificultad y/o asombro. Ejemplo: "Esta localidad tiene un tráfico quenindiola".

"Feudal": Como debe ser. Sen miramentos, nin jijijí nin jajajás. Por exemplo: A típica muller guapa, seria e rechamante entre centos delas. Pero tamén pode ser feudal unha pinga de chuvia que cae sobre unha formiga e a deixa escarallada.

"Feudal": Como debe ser. Sin miramientos, ni jijijís ni jajajás. Por ejemplo: La típica mujer guapa, seria y destacable entre un cienes y cienes de ellas. Pero también puede ser feudal una gota de lluvia que cae sobre una hormiga y la deja K.O.

"Feudalismo Ilustrado": Pensamento que tentarei desenrolar ó longo deste blog co gaio de gañar adeptos e transformar este mundo de pusilánimes en algo menos vergoñento. Polas boas (Feudalismo Ilustrado) ou polas malas (Feudalismo).

"Feudalismo Ilustrado": Pensamiento que intentaré desarrollar a lo largo de este blog con objeto de ganar adeptos y transformar este mundo de pusilánimes en algo menos vegonzoso. Por las buenas (Feudalismo Ilustrado) o por las malas (Feudalismo).

"Ter ou non ter Rock" (algo ou alguén): Básico. Non se refire só ós musicos, se non a todo nesta vida e nas outras. Por exemplo... O Chiki-Chiki ten pouco Rock pero a Richard Wagner lle saía polos poros da pel.

"Tener o no tener Rock" (algo o alguien): Básico. No se refiere sólo a los músicos, si no a todo en esta vida y en las otras. Por ejemplo... El Chiki-Chiki tiene poco Rock pero a Richard Wagner le salía por lo poros de la piel.

"Schuiiiiin!!!": Onomatopeia de desenvainar. Habitualmente, utilizarase despois do fracaso do Feudalismo Ilustrado e precede a momentos de Feudalismo, a secas.

"Schuiiiiin!!!": Onomatopeya de desenvainar. Habitualmente, se utilizará tras el fracaso del Feudalismo Ilustrado y precederá a momentos de Feudalismo, a secas.

Exercicios: Formar frases que recollan o máximo de palabras deste vocabulario.

Ejercicios: Formar frases que recojan el máximo de palabras de este vocabulario.

Exemplo:
Segundo o pouco Rock de Al Gore, este planeta está sufrindo un cambio climático quenindiola pola acción do ser humano pero na miña opinión feudalista ilustrada este planeta leva tendo cambios climáticos moito máis feudais dende toda a súa historia xeolóxica.

E engado: A contribución da humanidade ó cambio climático é tan insignificante como unha cabeza cortada máis ou menos en Braveheart. Deus, pero se somos un gran no cú da Terra... Aparecimos onte e pasado mañá non quedará de nós nin a cicatriz. Schuiiiiin!!!

Ejemplo:
Según el poco Rock de Al Gore, este planeta está sufriendo un cambio climático quenindiola por la acción del ser humano pero en mi opinión feudalista ilustrada, este planeta lleva teniendo cambios climáticos mucho más feudales desde toda su historia geológica. La contribución de la humanidad al cambio climatico es tan insignificante como una cabeza cortada más o menos en Braveheart. Dios mío, pero si somos un grano en el culo de La Tierra. Aparecimos ayer y pasado mañana no quedará de nosotros ni la cicatriz. Schuiiiiin!!!

Santa Rita

Santa Rita

Hoxe é Santa Rita, Rita, Rita... Decateime hai un intre tras preguntarme por que carallo non están no chollo (hoxe) os funcionarios, polo menos os de Lugo.

E xa que falo de funcionarios... Sabe alguén por que os seus postos de traballo son vitalicios? Quero dicir, por que o resto de miñaxoias non facemos algo? Non sei, unha revolución... ou aínda que fose, mandar un escrito ó parlamento... Ou un e-mail a ZP expresando a nosa profunda decepción co traballo da maioría deles. Non só cos de Lugo, claro. Pobriños.

Santa Rita

Hoy es Santa Rita, Rita, Rita... acabo de pisparme tras indagar sobre por qué carajo no trabajan (hoy) los funcionarios, al menos los de Lugo.

Y, hablando de funcionarios... Alguien sabe por qué sus puestos de trabajo son vitalicios? Quiero decir, por qué el resto de pringaos no hacemos algo? No sé, una revolución... o, aunque sólo fuese, mandar un escrito al parlamento... O un e-mail al presi expresando nuestra profunda decepción con el trabajo de la mayoría de ellos. No sólo con los de Lugo, desde luego. Animalitos.

domingo, 18 de mayo de 2008

Por que ós nenos non lles gusta o peixe?



1.Por que á maioría dos nenos non lles gusta o peixe?

1.Por qué a la mayoría de los niños no les gusta el pescado?


Probablemente, no estado primitivo do ser humano, no que se atopou durante moitísimo máis tempo que no actual estado “civilizado”, os homes e mulleres alimentáronse, maiormente, de carne, como testemuña a dentadura humana. Así e todo, tamén comeron de todo aquilo do que tiñan dispoñibilidade: raíces, froitos, marisco e, por suposto, peixe.

Probablemente, en el estado primitivo del ser humano, en el que se encontró durante muchísimo más tiempo que en el actual estado “civilizado”, los hombres y mujeres se alimentaron, mayormente, de carne, como atestigua la dentadura humana. De todos modos, también comieron de todo aquello que había disponible: raíces, frutos, marisco, etc. y, por supuesto, pescado.


Pero o peixe ten espiñas o que o fai moi perigoso nas gorxas dos nenos. Habería unha gran maioría de nenos ós que lles gustase comer peixe pero tamén é lóxico pensar que moitos deles deberon padecer problemas moi graves por non domear a técnica de separa-las espiñas antes de tragar. É lóxico supoñer que os pais de entón non podían dedicar tanta atención ós seus múltiples vástagos como os pais de agora fan coa súa contadísima prole. O resultado era que moitos nenos non chegaban á idade adulta e, por tanto, non chegaban transmitir a súa herdanza xenética.

Pero el pescado tiene espinas lo que lo hace muy peligroso en las gargantas de los niños. Habría una gran mayoría de niños a los que no les gustase comer pescado pero también es lógico pensar que muchos de ellos debieron padecer problemas muy graves por no dominar la técnica de separar las espinas antes de tragar. Es lógico suponer que los padres de aquellos tiempos no podían dedicar tanta atención a sus múltiples vástagos como los padres de ahora hacen con su contadísima prole. El resultado era que muchos niños no llegaban a la edad adulta y, por lo tanto, no llegaban a transmitir su herencia genética.


Habería, tamén, nenos ós que non lles gustase o peixe e que, no caso de poder elixir, decantaríanse por outra fonte de proteínas. Está claro que tamén moitos morrerían pero non por ter espichada unha espiña na gorxa. Os nenos que chegasen á idade de procrear transmitirían á súa descendencia os seus gustos alimenticios.

Habría, también, niños a los que no les gustase el pescado y que, en el caso de poder elegir, se inclinarían por otras fuentes de proteínas. Está claro que también muchos morían pero no por tener una espina clavada en la garganta. Los niños que llegaran a la edad de procrear transmitirían a su descendencia sus gustos alimenticios.

Isto debeu pasar, como moitas outras cousas, en infinidade de ocasións ó longo da evolución humana. O resultado é que somos descendentes de persoas ás que, de pequenos, non lles gustaba o peixe.

Esto debió pasar, como muchas otras cosas, en infinidad de ocasiones a lo largo de la evolución humana. El resultado es que somos descendientes de personas a las que, de pequeños, no les gustaba el pescado.

Iso non é óbice para que eses nenos que, detestaban o sabor do peixe, aprendesen a comelo con máis coidado unha vez que tivesen unha idade máis adulta que lles permitise extraer as espiñas antes de tragar. A medida que unha persoa vai medrando tamén vai apreciando diferentes sabores e vai educando o seu padal. Ademais, en moitas ocasións, os homes primitivos non terían máis remedio que nutrirse daquilo do que tivesen dispoñibilidade. Seguro que máis dun que non gozaba do peixe de pequeno tivo que comelo por necesidade e, non sen fastío pola incomodidade de ter que separa-las espiñas, aprendeu a apreciar os diversos e complexos sabores das diferentes especies de peixes que era capaz de conseguir.

Eso no es óbice para que, esos niños que detestaban el sabor del pescado, aprendiesen a comerlo una vez que tuvieran una edad más adulta que les permitiese extraer las espinas antes de tragar. A medida que una persona va creciendo también va apreciando diferentes sabores y va educando su paladar. Además, en muchas ocasiones, los hombres primitivos no tendrían más remedio que nutrirse de aquello que hubiese disponibilidad. Seguro que más de uno que no gozaba del pescado de pequeño tuvo que comerlo por necesidad e, no sin fastidio por la incomodidad de tener que separar las espinas, aprendió a apreciar los diversos y complejos sabores de las diferentes especies de peces que era capaz de conseguir.







Vén de agromar na miña seseira outra posibilidade pola cal podería explicar por que á maioría dos nenos non lles gusta o peixe: A rapidez coa que o peixe se bota a perder e convírtese en tóxico. Os nenos “tragaldabas” non farían moitos distingos nos momentos de fame negra e deberon sufrir gravísimas consecuencias pola súa falta de precaución. E, por contra, os nenos que non comulgaban co peixe debido os seus gustos de nacemento, seguro que evitaron a inxesta de peixe en mal estado na medida do posible, impendindo, deste xeito, millóns de envelenamentos ó longo da Prehistoria.

Acaba de ocurrírseme otra posibilidad por la cual podría explicar por qué a la mayoría de los niños no les gusta el pescado: la rapidez con la que el pescado se echa a perder y convertirse en tóxico. Los niños “tragaldabas” no harían muchos distingos cuando el hambre apremiaba y debieron sufrir gravísimas consecuencias por su falta de precaución. Y, por el contrario, los niños que no comulgaban con el pescado debido a sus gustos de nacimiento, seguro que evitaron la ingesta de pescado en mal estado en la medida de lo posible, impidiendo, de esta manera, millones de envenenamientos a lo largo de la Prehistoria.