martes, 17 de marzo de 2009

Conste que non fumo

Agora mesmo estou aquí sentado diante da pantalla do portátil e nin se quera sei que vou escribir.



Teño cousas que dicir pero... penso que a miña preguiza me dificulta escribir. Se as escribise sería mellor para min. Disque, cando tes problemas, é bo contalos porque deste xeito tes que ordealos na túa mente e darlles nomes. Tes que tentar explicarte para que o teu interlocutor poida facerse unha idea do que lle estás a falar. Así podes conseguir entender mellor os teus propios problemas.



Ademais, cando lle contas os teus problemas á xente tamén corres o risco de que che conten os seus, co cal, decátaste de que todo o mundo ten os seus problemas. Os Mono Sapiens somos así. Todos temos problemas. De feito, necesitámolos, ou iso parece, a xulgar por como nos empeñamos en telos.



O maior problema, é cando tes un problema que tes claro que non necesitas. Ou, polo menos, iso pensas. Poida que a Vida, ou Deus, ou o Demo, ou o que Sexa... pense que si os necesitas. E por iso chos proporciona. Como unha máquina expendedora:



"Su problema, gracias"

domingo, 1 de marzo de 2009

Os últimos serán os primeiros

Penso que é na Biblia, (o maior best seller de tódolos tempos), donde pon que "os últimos serán os primeiros".

Polo menos, no meu sorteo foi así. Gañou o número 9 (correspondente a Senda).

Por favor, ponte en contacto comigo: quenindiola@hotmail.com para que arranxemos o tema.

Noraboa!