lunes, 1 de junio de 2009

Sereas na bruma

A bruma fóra é máis mesta cá nunca. A cada pouco brúan as sirenas dos barcos na ría. A través das grandes ventás do apartamento apenas se distinguen as luces das farolas. Foi un día de calor este primeiro de xuño pero a medida que avanzou a tarde o neboeiro foi entrando implacable e a noite quedou fresca. O brúar das sirenas asemellan monstros mariños. Están aí fóra arrodeados de auga que nin se quera poden ver. Non sei se están a desprazarse moi amodo ou se están fondeados, agardando que mañá haxa mellor visión, e simplemente avisan para que outros monstros non os aborden. Algo ten esa borraxeira que me incita a escribir. Unha semana máis e terei 38.

Recapitulemos: varón, parado, pai solteiro sen compromiso (a día de hoxe) e cunha filla pequena cuxa custodia ten a nai.

Teño que decir que aí fóra están as sirenas pero tamén as sereas. E menos mal.