lunes, 1 de junio de 2009

Sereas na bruma

A bruma fóra é máis mesta cá nunca. A cada pouco brúan as sirenas dos barcos na ría. A través das grandes ventás do apartamento apenas se distinguen as luces das farolas. Foi un día de calor este primeiro de xuño pero a medida que avanzou a tarde o neboeiro foi entrando implacable e a noite quedou fresca. O brúar das sirenas asemellan monstros mariños. Están aí fóra arrodeados de auga que nin se quera poden ver. Non sei se están a desprazarse moi amodo ou se están fondeados, agardando que mañá haxa mellor visión, e simplemente avisan para que outros monstros non os aborden. Algo ten esa borraxeira que me incita a escribir. Unha semana máis e terei 38.

Recapitulemos: varón, parado, pai solteiro sen compromiso (a día de hoxe) e cunha filla pequena cuxa custodia ten a nai.

Teño que decir que aí fóra están as sirenas pero tamén as sereas. E menos mal.

3 comentarios:

Marta G.Brea dijo...

Moi boas! Pasaba por aquí...

Alégrame que actualices de vez en cando.

Bks

vermella dijo...

Concordo contigo gracias as sereas podemos soñar aínda que alguhna que outra sirena nos avise do perigo...
como hoxe é unha semana máis parabéns polo cumpre...
saúdos

CriS dijo...

¿cuántas sirenas varadas? ¿cuantas sirenas mudas?
Espero que se alejen los ruidos que me impiden escuchar los cantos, prefiero morir nadando hacia un sueño que morir estancada entre las duras y frías rocas.

saludos y suerte en todo.