Ler unha entrada de Cuspe de Pita faime rescatar unha vella Teoría Arriscada miña. Por que agora hai tan pouca educación e respecto?
Cando eramos nenos, a palabra dun adulto era algo así coma un designio divino, algo inapelable e incuestionable.
Se o teu mestre ameázabache con avisar ós teus pais poñíaste branco de pánico. Agora é ó revés.
É o mestre quen se pon branco cando o insolente rapaz lle espeta: "¡Voy a decirle a mis padres que vengan a hablar contigo y te vas a cagar!"
A que obedece tal cambio? Pois eu penso que é porque xa non cremos en nada. Xa sabemos que Deus, como tal, non existe, e que non iremos ó inferno por moi cabróns que sexamos na vida. Franco morreu e ademais non hai pena de morte. Ollo, non me malinterpretedes. Só estou analizando unha cuestión.
É triste pero é certo, eramos educados e respectuosos si, pero por medo. Non somos peores cá antes. A sociedade xa non aspira a ir ó ceo se non a aparecer en "Gran Hermano".
Por certo, se algún de vós dedica o seu sábado a ver o do Chiki-Chiki en Eurovisión, non terei piedade. Penso masacralo, primeiro mediante Feudalismo Ilustrado pero se fai falta desenfundarei.
Eu non teño plan para este sábado pero antes que alienarme co Chiki-Chiki prefiro, como di un bo amigo meu: "meterme un cactus polo cu." Claro que hai pouco estivemos en Canarias e tras mirar acongoxados para uns cactus enormes e, a todas luces, espiñentos de máis, el modificou a frase e agora di: "un pao". Se é que non fondo, somos uns acojonados...
Ser
Hace 4 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario