domingo, 22 de febrero de 2009

Sorteo entre blogueiros

Seguindo a invitación de Chousa de Alcandra eu tamén sortearei algo da bisbarra que me corresponde censualmente. O concello co clima máis guai de Galicia: Señoras e señores...

O Rosal!

Aquí hai de todo e de moi boa calidade pero supoño que o máis típico, ademais dos mirabeles, sollas, lampreas, meixón, percebes (Si, querido lector, o concello do Rosal está bañado polo pai Miño pero tamén polo Océano Atlántico), tomates, cilantro, etc. é o viño. Así que...

...Quenindiola sortea viño do Rosal.

13 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

A tua proposta alédame que nin diola, Quenindiola! jajaja.

Apúntame, por favor para o teu sorteo dese viñazo que se logra grazas a un microclima especial, xunto cunhas boas cepas e un cariño especial dos viñateiros do Rosal (ala carallo; sen telo intentado...saiume un pareado!).
Fixo famoso o viño a adega Terras Gauda; pero sin duda hai bodegueiros con menos sona que tamén lle poñen o seu mimo á colleita.

E non sei a que agardas para vir buscar o teu número á Chousa para o pan de Antas co Queixo da Ulloa.

Apertas!

LM dijo...

eu também quero número!
beijos

semprengalicia@gmail.com dijo...

¿Dasme a min tamén un nú,ero?
Quixera degustalo coa empanada de Noia que penso que me vai tocar.
Eu tamén participo sorteando os VIANOS.
A ver que sorte temos o "Día da Reflexión".
Saudiños

A lareira de Santiso dijo...

Un número a ver se me emperiquito co viño do Rosal!

Drei dijo...

Quien da la vez??? Quien es El/La ultimo/a? que yo tambienquiero numero.

BEsitos

Carlos Sousa dijo...

Eu tamén quixera que me deras un número para ese viño que debe saber que nin diola.

Se queres ven buscar un para as rosquillas e LK.

Un saúdo doutro celtista.

quenindiola dijo...

Carai! ésta é a entrada do meu blog que máis respostas conseguiu... Está claro que o bo comer e beber é máis importante que a miña filosofía barata.

Moi ben, por orde de chegada:

Chousa: Nº 1
LM: Nº 2
Sempre en Galicia: Nº 3
A Lareira de santiso: Nº 4
Incara: Nº 5
Carlos Sousa: Nº 6

fgul dijo...

agardo non chegar tarde para o sorteo e fago o convite para quen queira empanada de croques da Ría.

Solicito número

Paco Penas dijo...

Cando se fala de viño sempre me poño coloradiño :-)
O mesmo que M.L. espero que o comentario entre antes das doce e tamén che quede tempo para vir ao meu sorteo.

quenindiola dijo...

Moi ben:

Manuel o Nº 7

Paco o Nº 8

alea jacta est

Chousa da Alcandra dijo...

Eiii carballeira!!!

Veño lembrarche que hoxe, a iso das 18:00 podes sintonizar Radio Cornellà (puxen un link no meu blog para pillala a través de internet). Está prevista a intervención de alomenos un blogueiro que tamén participa no sorteo...

Apertas!!!

Senda dijo...

hei, a ver se aínda estou de entrar no sorteo!! Bicos

quenindiola dijo...

Vale, Senda, aínda que chegaches no día de autos... entras no sorteo que vou facer en breves segundos. Non puiden facelo antes porque dende o meu computador non me podo conectar a blogger.

tes o número 9 no sorteo do Viño do Rosal.

Sorte a todos/as