domingo, 31 de agosto de 2008

Esbirros iluminados

Teño unha nova teoría. É bastante arriscada así que merece estar incluída neste apartado.

Resulta que penso que descubrín por que, en moitas ocasións, esbirramos cando recibimos claridade indirecta do sol...

Supoño que vos teredes fixado que, ás veces, cando estamos por exemplo nun salón, e a luz se filtra por entre os buracos da persiana ou entre as dúas cortinas semi-pechadas, eses raios de luz nos amosan infinidade de partículas en suspensión (o que en ghallegho normativo ven sendo o "po", vamos).

Pois ben, ese po, é o que, cando penetra polo noso nareco fainos esbirrar. Pero o caso é que iso só se produce cando hai moita concentración de po no aire. En cambio, no noso salón ou no noso coche non esbirramos, tan facilmente, ata que un feixiño de luz nos descubre todas esas indesexables partículas aboiando no aire.

Conclusión pseudo científica. Afirmo: A mera visión de po no aire pode enviar ó noso "celebro" a recomendación de esbirrar.

Que me dean o Nobel, xa, cona....

9 comentarios:

Ad astra per aspera dijo...

ein? nunca esbirrei só por ver esas particuliñas, debo ser rara!

Cris dijo...

jo... que no entiendo que es esbirrar???? ale, dímelo anda y a ver si entiendo así la teoría o me lo aplico a ver...

besos

quenindiola dijo...

Cris, esbirrar e facer: "atchiss". Pero penso que non esbirrarás se aplicas a teoría "á drede".

Non sei, proba...

Bicos.

quenindiola dijo...

Mad-Astra! Estás aí! eu pensaba que xa non me lías... Por certo, hoxe lin o teu comentario sobre a encrucillada, por casualidade. Xa imaxino por donde van os tiros...

quenindiola dijo...

Mad-Astra... ti que?
Estás aquí para desfacerme todas as miñas teorías tan científicamente estudadas e perfeccionadas tras anos e anos de concienzudo esforzo e rigor académico?

Antón de Muros dijo...

"Ollos que non ven, corazón que non sente", por iso non esbirras cando non ves as partículas...
;-)

Saúdos dende Bos Aires.

Antón.

Cris dijo...

Ja ja ja estornudos... no estaba segura...
ummm Yo sólo estornudo cuando hay cambios de temperatura muy bruscos (al entrar en un sitio frío por ejemplo..) o me da una corriente de aire...

en fin... no se...

Ad astra per aspera dijo...

jajajaja léote sempre que actualizas, paspán! o que pasa é que ás veces non teño nada inxenioso que dicir, jajajajaja.

pero neste caso, síntoo! jajajaja

Ad astra per aspera dijo...

ademáis non viches que puxen un enlace na miña lista de gallaecia stars? que non te me fixas en nada!

sobre a encrucillada xa te contarei, jeje. pero quedo onde estou. bicos.