viernes, 11 de julio de 2008

Pouco Rock

Son as 5:41 a.m. e atópome nunha caseta tipo "contedor", desas das obras, pero que neste caso está reconvertida a oficina de produción do típico festival de verán. Vai un frio húmido que non lle está a sentar nada ben á miña hernia discal. Estou canso e teño sono. Fóra, unha marabunta de humanoides menéanse ó ritmo dun "DJ" execrable pero que, polo visto, é famoso. Os grupos musicais acabaron hai moitos cuartos de hora e o que toca é isto. As paredes da caseta vibran como se fosen a desintegrar por culpa dos graves graves. Case todo o mundo está mazado e mesmo os que traballan na organización deste evento amosan sinais inconfundibles de rinitis vicioide. Eu debo ser un dos poucos que están sereos pero máis me valería non estalo. Constato que son moi raro aínda que xa o imaxinaba dende hai anos. Toda esa xente de aí fóra impórtame un carallo e, dende logo, eu a eles impórtolles aínda menos. Escribo isto para facer tempo ata ás 6:30 en que, en teoría, o pinche pincha gardará os puñeteiros cd's e marchará a tomarlle o pelo a outra muchedumbre e eu irei deitar a miña frustación para que mañá poida aturar outra xornada de festival. Que paixón...

Estou ata os collóns de tanto pouco rock.

3 comentarios:

Marta G.Brea dijo...

"Ter ou non ter Rock", esa é a cuestión... jejé... E ir contra a corrente creo que é bo, e mellor ser raro que ser do montón, non?

Bicos

CriS dijo...

Complicado también esto verdad.... por lo menos que el buen rock no deje de sonar en nuestras cabezas...

Cuspedepita dijo...

Non deixes de ser raro nunca ;-) Sé ti, integramente ti mesmo. Diso non te arrepentirás, de deixarte levar seguramente si.