domingo, 15 de junio de 2008

Naufraxio (I)

Hai anos experimentei o que se sinte dunrante moito tempo tras un naufraxio. Agora xa estou ben pero é curioso reler cousas que escribía daquela. Supoño que moitos de vós padecistes naufraxios importantes na vosa vida así que igual vos parece interesante. E, ós que non os padecistes... Bueno... mellor para o voso corazón aínda que peor para a vosa alma.

Por favor, perdoade que faga unha entrada de blog tan longa e que non o traduza. Isto foi escrito unha madrugada desas que espertas na cama e pensas que sufres moito...

Doe, xa doe outra vez. Son máis das seis da mañá na miña hora escura. Semella que durmir é outro privilexio que os desacougados non podemos gozar.
Doe.
Tento relativizar. Xa sei que isto vai por momentos, por días, por rachas, por temporadas. Por anos? Non sei. Pode, mesmo, que sexa por sempre. Por sempre... Uf.
Como doe. Pero... “Convertirse nun home máis profundo é un privilexio dos que sufriron” Wilde, dixit.
Xa, xa...

A miña dor non é máis nin menos cá dos outros. Non sei se é a miña ou pode que sexa a mesma. A mesma dor para todos. A dor da pérdida, non? Coido que debe ser a mesma para todos. Tarde ou cedo prodúcese o naufraxio e cando ocorre... Todo cambia. Adeus á estabilidade. Ola, Instinto de Supervivencia. Salvarse como sexa. Ó primeiro chapoteas, afúndeste, aboias de novo e berras auxilio: Socorro! Axuda!
Quizais alguén te axuda pero son só os que están no mesmo barco os que poden escoitar os teus berros e eles, coitadiños, teñen o mesmo problema ca ti. Que facer, pois?
Sálvese quen poida! E se che botan unha ou máis mans tenta aproveitalas. Tentas ti, tamén, botar algunha man. Teño a sensación de que dando, daste.

Pero todo isto non é dabondo. O mar está frío, escuro. Os restos do barco golpean a túa cabeza unha e outra vez. Restos ós que antes, na pracidez da cuberta, non dabas moita importancia pero que agora, recórdanche con furia o ben que estabas. Os mares e océanos poden ser sitios perigosos se non vas na embarcación axeitada. Mesmo podes ir no mellor barco, un deses que semellan eternos, que como chegue a gran tormenta ou teñas a mala sorte de atopar un iceberg... estás fodido. Aínda diría máis, teño a impresión de que nos naufraxios dos grandes barcos é moi dificil a salvación. Por que? Supoño que porque non esperas unha cousa así. Non estás preparado. E por riba, estes barcos son os que levan máis cousas e estas cousas son as que vante golpear mentres loitas por non afogar. Incluso tempo despois podes ser golpeado por algún resto do barco. Como esta madrugada. Como todas as veces que espertas.

Agora xa pasou tempo. De momento zafei. Como o fixen? Como todos os que zafan. Como puiden. Non son un campeón olímpico de natación. Apenas dou unhas cantas brazadas por min mesmo así que necesitei aferrarme ós propios cascallos do barco pero estes afundían pouco a pouco, aferreime tamén ós doutros barcos, tamén vítimas de naufraxios. Ata que naufraguei non souben a de náufragos que había no inmenso mar. Unha chea deles.

Unha cousa que agradécese moito cando estás no medio do océano e atopar pequenos illotes onde poder tomar folgos pero como non teñen auga nin nada tes que seguir. Sirven só para iso. Para os folgos. O que queres e atopar terra firme, pero iso parece misión imposible cando os días pasan e as noites duran. Mesmo unha vez divisei a costa dun gran país. Tentei acercarme. Había moitos escollos. Tiña pinta de ter un gran continente detrás. Ademais dos escollos había moito mar de fondo. Acabei esnafrado contra as rochas. Tiven que abandoar. Tiven que sair dalí, asido ós poucos restos que aínda atopaba do meu barco. Mellor dito, do que fora meu barco. Non sei... nunca se sabe.

2 comentarios:

Cuspedepita dijo...

Creo que todos somos náufragos algunha vez na vida. Hai náufragos que axiña deixan de selo, que nadan ben e teñen a sorte de atopar preto outro barco, outros que tardan máis, pero sempre hai outro, unha illa ou un continente.
O peor é cando é un mesmo o que se vai a pique...

CriS dijo...

quen non naufragou algunha vez? cada vez doe,hai que loitar moito por volver a terra firme, cada vez que un naufraga é como a primeira vez, de pouco vale a experiencia... acabas empapado igual... a diferenza é que confías en que outra vez, chegases a terra...
encantome o relato