miércoles, 28 de enero de 2009

Ssschuiiiiiiiiinnnn!!!

Xa está! Penso que a culpa témola nós.

Si, por aceptar chollos mal ou moi mal remunerados. Cona! que estou véndome a min mesmo apuntarme a traballos en páxinas de emprego que, se o pensase dúas veces, ghomitaría.

Ademais, comprobo que hai outros tropecentos aspirantes máis a escravos/as en cada anuncio deses. Os humanos somos uns ghaliñas.

Carai, os empresarios sen escrúpulos deben estar a frota-las mans.

Non sei se ti, venerado/a lector/a, pensas que o mundo está ben como está pero, apelo á túa intelixencia e dignidade para acabar coa escravitude laboral.

Non aceptemos soldos de merda. É máis, respondamos ós anuncios que ofrecen soldos de merda, pero como se merecen.

E non quero, explicacións do tipo: "sempre haberá xente que acepte e por iso se aproveitan" porque iso xa o sei.

Desenvaina, ti tamén! A ver que expresión se lles pon cando vexan a súas avarentas caras reflectidas no frío aceiro das nosas espadas!

Ssschuiiiiiinnnn!!!

jueves, 15 de enero de 2009

Os camiños do señor Google son inexcrutables

Pai Noso Google que estás en todos lados...
Santificado sexa o teu nome... etc, etc.
Graciñas Señor Google, foi marabilloso sentir todo o teu poder sobre min pero sobretodo, graciñas por permitirme acceder de novo ó (MEU) blog e por permitirme acceder á (MIÑA) conta de gmail. Non sei canto durará esta bondade pero non quería desaproveitar a oportunidade para loubar a túa condescendencia con este pobre pecador. Supoño que terías os teus motivos para non permitirme acceder todo este tempo pero... Oh Señor Google os teus camiños son inexcrutables.
Cagho na cona que te botou!

jueves, 9 de octubre de 2008

Xustiza Poética


Mmmm... non sei se xa falei deste tema nalgunha ocasión pero un acontecemento do que hoxe tiven coñecemento faime ratificarme, por enésima vez, en que a Vida, ten vida propia, é dicir, hai algo por enriba de nós que nos xulga polos nosos actos e, tarde ou cedo, nos premia ou castiga (normalmente só se acorda de castigarnos pero ese é outro asunto que debo investigar). A este tipo de poder que hai sobre nós o denominan "Xustiza Poética" e funciona, máis ou menos, así:


Ti a fas moi gorda nalgunha ocasión. De feito, sabes que a liaches "de quilo" pero tiras para adiante xustificándote con excusas como "foi por amor", "era unha oferta que non podía rexeitar" ou "non me quedaba outra".


Bla, bla, blá, o caso é que fixeches dano a alguén a pesar de non se-la túa intención.


Moi ben. Pois has de saber, querida/o Sancha/o que algún día, tarde ou cedo, faranche o mesmo.


Sintoo moito. Isto non é cousa miña. É unha verdade universal. Xa o comprobaredes nas vosas pecadoras carnes.


O malo desta Xustiza Poética é que ninguén sae beneficiado, nin se quera a antiga vítima do teu "ineludible" proceder.


É unha cadea universal. Estou case seguro. En castelán se chama: "Donde las dan las toman" e mesmo a canción tradicional "God's gona cut you down" fala, en certo modo, deste tema. Escoitádea, e sentide, ponzoñentos pecadores, o poder do que vos falo.


Ai... que pouco sentidiño temos os monosapiens...

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Ioda dixit


"O temor á Pérdida é o que nos acerca ó Lado Escuro"
Que a Forza te acompañe!

domingo, 31 de agosto de 2008

Esbirros iluminados

Teño unha nova teoría. É bastante arriscada así que merece estar incluída neste apartado.

Resulta que penso que descubrín por que, en moitas ocasións, esbirramos cando recibimos claridade indirecta do sol...

Supoño que vos teredes fixado que, ás veces, cando estamos por exemplo nun salón, e a luz se filtra por entre os buracos da persiana ou entre as dúas cortinas semi-pechadas, eses raios de luz nos amosan infinidade de partículas en suspensión (o que en ghallegho normativo ven sendo o "po", vamos).

Pois ben, ese po, é o que, cando penetra polo noso nareco fainos esbirrar. Pero o caso é que iso só se produce cando hai moita concentración de po no aire. En cambio, no noso salón ou no noso coche non esbirramos, tan facilmente, ata que un feixiño de luz nos descubre todas esas indesexables partículas aboiando no aire.

Conclusión pseudo científica. Afirmo: A mera visión de po no aire pode enviar ó noso "celebro" a recomendación de esbirrar.

Que me dean o Nobel, xa, cona....

martes, 22 de julio de 2008

Carne


Non sei se comedes carne ou non pero non estades de acordo comigo en que a xente que non a come é máis tranquila e "boiña", en xeral? Necesito saber a vosa opinión ó respecto porque estou a punto de elaborar unha teoría arriscada. Pensade nos vosos coñecidos que non a comen e dádeme datos. Pena non ter máis lectoras/es, podería elaborar a miña teoría baseada en datos estatísticos máis representativos. Por certo, hoxe comín unha chuleta de tenreira exquisita.

domingo, 20 de julio de 2008

Atención: Pregunta

Vou xogar con vós un cacho. Vou xogar a que eu sonvos o xenio da lámpada marabillosa. Aínda que esta vez só podo conceder un desexo...

Que preferides cada un de vós, obter o superpoder de voar ou o de teletransportarvos?

Pensádeo ben antes de elixir...