Xa está! Penso que a culpa témola nós.
Si, por aceptar chollos mal ou moi mal remunerados. Cona! que estou véndome a min mesmo apuntarme a traballos en páxinas de emprego que, se o pensase dúas veces, ghomitaría.
Ademais, comprobo que hai outros tropecentos aspirantes máis a escravos/as en cada anuncio deses. Os humanos somos uns ghaliñas.
Carai, os empresarios sen escrúpulos deben estar a frota-las mans.
Non sei se ti, venerado/a lector/a, pensas que o mundo está ben como está pero, apelo á túa intelixencia e dignidade para acabar coa escravitude laboral.
Non aceptemos soldos de merda. É máis, respondamos ós anuncios que ofrecen soldos de merda, pero como se merecen.
E non quero, explicacións do tipo: "sempre haberá xente que acepte e por iso se aproveitan" porque iso xa o sei.
Desenvaina, ti tamén! A ver que expresión se lles pon cando vexan a súas avarentas caras reflectidas no frío aceiro das nosas espadas!
Ssschuiiiiiinnnn!!!
Ser
Hace 4 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario