viernes, 10 de septiembre de 2010

Volta á Idade Media entre Galicia e Portugal



O goberno portugués di agora que a partir do 15 de outubro os estranxeiros terán que pagar por utilizar as autovías do norte de Portugal. Ademais, non o poñerán fácil xa que haberá que mercar dispositivos tipo OBE (30 euros), tarxetas prepago (23 euros) ou "chips" (23 euros). O traxecto por autovía desde Viana do Castelo a Oporto, custará 4,05 euros (ou sexa, 8,10 ida e volta) cando sempre foi gratis. En fin, non quero aburrir con datos e máis datos. Podedes ler a noticia no Faro se queredes saber máis:








Ademais do gasto a maiores que supón esta medida, o que me preocupa son as consecuencias que pode acarrexar. A fronteira luso-española é a máis antiga de Europa. Gobernantes de ámbalas dúas partes empeñáronse ó longo da historia en que estivésemos o máis separadiños posible. Pero a creación das Eurorrexións por parte da ilusa Unión Europea representa unha "ameaza" para os estados europeos que vén como día a día nas zonas fronteirizas a xente pasa dun estado a outro. Pasan a traballar, a pasear, a comer, a mercar, a vender, etc. difuminando así as liñas imaxinarias que permitiron durante séculos que de cada lado da fronteira sexan uns gobernantes ou outros os que ostentasen o poder e, en consecuencia, servíranse del para sacar proveito persoal (que é basicamente para o que queren chegar ó poder os políticos, en xeral). Pido desculpas pola obviedade pero é que habería que ter iso moi claro, sore todo cando haxa eleccións. Lembra que o único que quere de ti un político é o teu voto e máis nada. Non o esquezas ou levarás grandes desilusións. Pido desculpas porque estou a desviarme do tema.




A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal estaba funcionando ben, demasiado ben quizais, e iso había que frealo; "non vaia ser que a os estados se nos acabe a nosa cota de poder (é dicir, o noso chupe"). Desde hai un tempo podemos observar como, con pequenos detalles (ou grandes, segundo se mire), os gobernos estatais tratan de dinamitar esa, cada vez máis estreita, unión. Por exemplo, retrasando o máximo posible a conexión ferroviaria de alta velocidade entre Galicia e Portugal ou inventándose unha peaxe para que os galegos o pensen dúas veces antes de utilizar as autovías do Norte de Portugal. (Ollo! a ver o que tardan deste lado da raia en plantexarse medidas coma esta... tempo ó tempo...)




Vivimos tempos difíciles pero, coma os sofridos cidadáns non fagamos algo contundente, e pronto, Galicia e Portugal non tardarán en estar separadas de novo por unha raia moi ben marcada. Os gobernantes lévannos á idade media con "pontazgos", "portazgos" e demais métodos para exprimirnos e manternos "a raia". E nunca mellor dito.




miércoles, 3 de marzo de 2010

Bieito XVI en Galicia


Esta mañá interromperon un programa da galega para conectar co arcebispado de Santiago. Un señor tocado cun chapeu escarlata e unha sotana dirixiuse á nube de micrófonos e flashes:




"El Santo Padre, como un peregrino más y como testigo de Cristo resucitado, nos visitará el 6 de noviembre..." tamén engadiu: "El Santo Padre quiere que sea una visita sencilla...". Tamén dixo que non estaría ben que chegase o papa e estivese todo o andamiaxe que actualmente cubre o Pórtico da Gloria e que o presidente de Galicia encargouse persoalmente de ir a convencer ó papa e outras lindezas polo estilo.




Cando comeza o telexornal é a noticia principal, por riba dos mariñeiros mortos na desembocadura do Miño e de tódalas demais noticias, por suposto. Como Dios manda.




Eu pensaba que España era un estado laico pero cousas como estas "amén" doutras que agora non vou comentar aquí recórdanme, día a día, que iso é só na teoría. Na práctica, somos a reserva católica de Europa e a Igrexa ten un poder inxusto sobre todos nós, sexamos relixiosos ou non.




Quen paga a viaxe do presidente autonómico ó Vaticano? Quen vai pagar todo o dispendio que supoñerá a organización da visita do papa? Por que hai que retirar o andamio do pórtico da Gloria porque veña o papa se non se pensaba facer para o resto de milleiros de pelegríns que xa se sabe que están a vir e virán este ano? Por que o goberno permite que a Igrexa teña tanto poder inxusto?




Só hai unha resposta: os católicos, ademais de ir a misa, tamén votan. Sonche moitos votos de dios como para perdelos.








jueves, 28 de enero de 2010

Hala Celta!


Levo moito tempo sen escribir pero, hoxe, despois de ler uns cantos comentarios nun xornal dixital non puiden evitar sentir a necesidade de expresarme sobre a miña alma celtista. Fagoo hoxe, sabendo que os estados de ánimo nisto do fútbol son moi cambiantes dependendo dos resultados pero é que eu non busco o resultado no marcador, a mín éncheme de alegría que o equipo do que son siareiro trate de xogar ben e, sobre todo, que o faga con alma. Se, ademais, eses xogadores son case todos galegos ou da canteira, a alegría transfórmase en orghullo. E se ghañan...? Ai... mira que como ghañen...


Despois do tremendo partidazo do Calderón xa sabemos a alma que ten este equipo. Asegúrovos que gocei moito cos Karpins, Mostovois e Mazinhos de hai anos pero non será nada comparado co orgullo de ver a estes rapaces nosos xogar co mesmo descaro e valentía. Todos nós sabíamos que o Celta era o equipo con máis afeccionados galegos do mundo pero é que agora tamén sabemos que é o equipo cos mellores xogadores galegos do mundo!


Rapaces: Queremos máis!


Hala Celta!