viernes, 10 de septiembre de 2010

Volta á Idade Media entre Galicia e Portugal



O goberno portugués di agora que a partir do 15 de outubro os estranxeiros terán que pagar por utilizar as autovías do norte de Portugal. Ademais, non o poñerán fácil xa que haberá que mercar dispositivos tipo OBE (30 euros), tarxetas prepago (23 euros) ou "chips" (23 euros). O traxecto por autovía desde Viana do Castelo a Oporto, custará 4,05 euros (ou sexa, 8,10 ida e volta) cando sempre foi gratis. En fin, non quero aburrir con datos e máis datos. Podedes ler a noticia no Faro se queredes saber máis:








Ademais do gasto a maiores que supón esta medida, o que me preocupa son as consecuencias que pode acarrexar. A fronteira luso-española é a máis antiga de Europa. Gobernantes de ámbalas dúas partes empeñáronse ó longo da historia en que estivésemos o máis separadiños posible. Pero a creación das Eurorrexións por parte da ilusa Unión Europea representa unha "ameaza" para os estados europeos que vén como día a día nas zonas fronteirizas a xente pasa dun estado a outro. Pasan a traballar, a pasear, a comer, a mercar, a vender, etc. difuminando así as liñas imaxinarias que permitiron durante séculos que de cada lado da fronteira sexan uns gobernantes ou outros os que ostentasen o poder e, en consecuencia, servíranse del para sacar proveito persoal (que é basicamente para o que queren chegar ó poder os políticos, en xeral). Pido desculpas pola obviedade pero é que habería que ter iso moi claro, sore todo cando haxa eleccións. Lembra que o único que quere de ti un político é o teu voto e máis nada. Non o esquezas ou levarás grandes desilusións. Pido desculpas porque estou a desviarme do tema.




A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal estaba funcionando ben, demasiado ben quizais, e iso había que frealo; "non vaia ser que a os estados se nos acabe a nosa cota de poder (é dicir, o noso chupe"). Desde hai un tempo podemos observar como, con pequenos detalles (ou grandes, segundo se mire), os gobernos estatais tratan de dinamitar esa, cada vez máis estreita, unión. Por exemplo, retrasando o máximo posible a conexión ferroviaria de alta velocidade entre Galicia e Portugal ou inventándose unha peaxe para que os galegos o pensen dúas veces antes de utilizar as autovías do Norte de Portugal. (Ollo! a ver o que tardan deste lado da raia en plantexarse medidas coma esta... tempo ó tempo...)




Vivimos tempos difíciles pero, coma os sofridos cidadáns non fagamos algo contundente, e pronto, Galicia e Portugal non tardarán en estar separadas de novo por unha raia moi ben marcada. Os gobernantes lévannos á idade media con "pontazgos", "portazgos" e demais métodos para exprimirnos e manternos "a raia". E nunca mellor dito.




No hay comentarios: