martes, 17 de marzo de 2009

Conste que non fumo

Agora mesmo estou aquí sentado diante da pantalla do portátil e nin se quera sei que vou escribir.



Teño cousas que dicir pero... penso que a miña preguiza me dificulta escribir. Se as escribise sería mellor para min. Disque, cando tes problemas, é bo contalos porque deste xeito tes que ordealos na túa mente e darlles nomes. Tes que tentar explicarte para que o teu interlocutor poida facerse unha idea do que lle estás a falar. Así podes conseguir entender mellor os teus propios problemas.



Ademais, cando lle contas os teus problemas á xente tamén corres o risco de que che conten os seus, co cal, decátaste de que todo o mundo ten os seus problemas. Os Mono Sapiens somos así. Todos temos problemas. De feito, necesitámolos, ou iso parece, a xulgar por como nos empeñamos en telos.



O maior problema, é cando tes un problema que tes claro que non necesitas. Ou, polo menos, iso pensas. Poida que a Vida, ou Deus, ou o Demo, ou o que Sexa... pense que si os necesitas. E por iso chos proporciona. Como unha máquina expendedora:



"Su problema, gracias"

6 comentarios:

Incara dijo...

Tu por si acaso, alejate de cualquier maquina. Y pensar que hay muchos que meten moneditas a posta...

Besitos

vermella dijo...

Sempre é mellor comprar no estanco ves o problema de frente e a cara do estanqueiro....
gracias pola visita,saúdos.

Cuspedepita dijo...

Cando tés un problema que está claro que non necesitas, é que tes un problema de verdade.
Os outros buscámolos ás mans porque son "la sal de la vida"... ou a pementa... ou a guindilla...eu que sei !!
Pero son "problemas virtuais"

Bicos

A lareira de Santiso dijo...

Se se puidesen escoller os problemas xa non serían tales. Forza e para adiante con eles.

mencía dijo...

Eu ando sempre lonxe de calqueira máquina espendedora de problemas, pero as veces non sei como fago atópome con algún. O asunto e solventalo rápido e non se deter moito nel.
Apertas.

Senda dijo...

desenchufa esa maldita máquina!!!!

Bicos