jueves, 9 de octubre de 2008

Xustiza Poética


Mmmm... non sei se xa falei deste tema nalgunha ocasión pero un acontecemento do que hoxe tiven coñecemento faime ratificarme, por enésima vez, en que a Vida, ten vida propia, é dicir, hai algo por enriba de nós que nos xulga polos nosos actos e, tarde ou cedo, nos premia ou castiga (normalmente só se acorda de castigarnos pero ese é outro asunto que debo investigar). A este tipo de poder que hai sobre nós o denominan "Xustiza Poética" e funciona, máis ou menos, así:


Ti a fas moi gorda nalgunha ocasión. De feito, sabes que a liaches "de quilo" pero tiras para adiante xustificándote con excusas como "foi por amor", "era unha oferta que non podía rexeitar" ou "non me quedaba outra".


Bla, bla, blá, o caso é que fixeches dano a alguén a pesar de non se-la túa intención.


Moi ben. Pois has de saber, querida/o Sancha/o que algún día, tarde ou cedo, faranche o mesmo.


Sintoo moito. Isto non é cousa miña. É unha verdade universal. Xa o comprobaredes nas vosas pecadoras carnes.


O malo desta Xustiza Poética é que ninguén sae beneficiado, nin se quera a antiga vítima do teu "ineludible" proceder.


É unha cadea universal. Estou case seguro. En castelán se chama: "Donde las dan las toman" e mesmo a canción tradicional "God's gona cut you down" fala, en certo modo, deste tema. Escoitádea, e sentide, ponzoñentos pecadores, o poder do que vos falo.


Ai... que pouco sentidiño temos os monosapiens...

9 comentarios:

Ad astra per aspera dijo...

hoxe non che desmonto a teoría. aínda que sigo á espera de que a xente que me fixo mal pague por elo. jajajjaa

quenindiola dijo...

Como expliquei, non debes esperar nada. Os que che fixeron mal pagarán por elo pero ti non sairás beneficiada.

Marta G.Brea dijo...

Pois eu disento, non creo na Xustiza Poética, nin na Divina... Si penso que quen actúa dunha forma negativa debe afronta-las posibles consecuencias, algunha vez poden ser incluso tempestades (se sembras ventos), pero non necesiariamente, porque o mundo, como moitos sabemos, é moi inxusto.

Eu en vez de iso que di a canción, "Podes correr moito tempo... Tarde ou cedo Deus te atrapará", penso mais ben que é a Morte e non Deus os que nos iguala a todos, eso si que é universal.

Wilde dijo...

los pecados se pagan, siempre y tarde o temprano. Yo si creo en estos rollos.

saludiños,

Cuspedepita dijo...

Eu tampouco creo nada na xustiza poética.
Gustaríame crer, pero non teño tanta fé.

A lareira de Santiso dijo...

Menuda foto...

Marta G.Brea dijo...

A ver, "feudal", qué tal se actualizas un pouquiño o blog?!, es peor ca min, e xa é dicir ;:))

Manel Vázquez dijo...

non sei, eu non as teño todas comigo sobre a xustiza poética, será cuestión de agardar?.
a foto impresionante, que farían estes.

quenindiola dijo...

Pois están a mirar un partido do Celta. Para que despois falen mal da afición de Vigo!