viernes, 10 de julio de 2009

A Serpe (10 de xullo de 2009)


A serpe (10 de xullo de 2009)


Uns rapaces están a pescar pola zona de Toralla, na hora do solpor. Un deles empeza a recoller o aparello como se tivese collido algo moi pesado e cando consigue achegalo ás rochas podo ver que se trata dunha nasa grande cunha serpe de grandes dimensións enrolada dentro. Pregúntome que carallo fai unha serpe dese tipo nas augas da ría... A serpe despreguízase e comeza a deslizarse mansamente por entre as herbas. Eu non teño medo pero a observo a certa distancia por se acaso. A serpe comeza a ascender pola muralla dunha especie de fortaleza así que eu dou un rodeo e quero chegar arriba antes cá ela porque sinto un certo desacougo co feito de perdela de vista cando ela chegue arriba. Cando chego non a vexo por sitio ningún. Un sms recén chegado espértame. Di así: “Avísame cuando estés operativo. Déjame una perdida y te llamo. Bicos”