jueves 25 de junio de 2009

Metal "Heavy" (ou sexa, pesado)

Hoxe recibín un email pedindo a miña colaboración para facer circular un manifesto en axuda ó sector do Metal de Vigo. En fin... non puiden responder outra cousa que isto que segue, e asegúrovos que me contiven bastante (omito o nome da persoa que me envía o email por respecto á súa intimidade):

Aínda que estou a favor do dereito á folga de calquera traballador, desaprobo totalmente que corten rúas e interfiran na vida diaria do resto de vigueses. Cando eu tiven calquera problema cos meus xefes non llo fixen pagar a ningún outro cidadán. Por certo, levo 8 meses no paro sen ningún tipo de prestación porque sempre fun autónomo e non teño dereito nin a donde caer morto. Se tan inxustos son os seus xefes que vaian a montarlles o numerito na porta das súas casas e non me fagan a min chegar tarde a recoller á miña filla nin a ter que gastar máis gasoil dando mil rodeos ou arriscarme a apandar con multas por ir ás presas porque os "iluminados" dos cabecillas sindicais (que por certo, non irán ó paro) deciden arengar ás masas no seu propio afán de protagonismo. Graciñas por pensar un pouco nos demais. Xurxo Fernández Alonso DNI: 02531923Z (podes mandar isto adxunto tamén, non debo ser o único que está fartiño) LOITADE POLOS VOSOS DEREITOS SEN PRIVAR ÓS DEMAIS DOS SEUS, GRACIÑAS!