jueves, 9 de octubre de 2008

Xustiza Poética


Mmmm... non sei se xa falei deste tema nalgunha ocasión pero un acontecemento do que hoxe tiven coñecemento faime ratificarme, por enésima vez, en que a Vida, ten vida propia, é dicir, hai algo por enriba de nós que nos xulga polos nosos actos e, tarde ou cedo, nos premia ou castiga (normalmente só se acorda de castigarnos pero ese é outro asunto que debo investigar). A este tipo de poder que hai sobre nós o denominan "Xustiza Poética" e funciona, máis ou menos, así:


Ti a fas moi gorda nalgunha ocasión. De feito, sabes que a liaches "de quilo" pero tiras para adiante xustificándote con excusas como "foi por amor", "era unha oferta que non podía rexeitar" ou "non me quedaba outra".


Bla, bla, blá, o caso é que fixeches dano a alguén a pesar de non se-la túa intención.


Moi ben. Pois has de saber, querida/o Sancha/o que algún día, tarde ou cedo, faranche o mesmo.


Sintoo moito. Isto non é cousa miña. É unha verdade universal. Xa o comprobaredes nas vosas pecadoras carnes.


O malo desta Xustiza Poética é que ninguén sae beneficiado, nin se quera a antiga vítima do teu "ineludible" proceder.


É unha cadea universal. Estou case seguro. En castelán se chama: "Donde las dan las toman" e mesmo a canción tradicional "God's gona cut you down" fala, en certo modo, deste tema. Escoitádea, e sentide, ponzoñentos pecadores, o poder do que vos falo.


Ai... que pouco sentidiño temos os monosapiens...